PACC

 

Introdución

O PACC Lansbrica é un equipamento cultural de primeira orde que ten como referente ao emblemático xacemento de San Cibrao de Las, tamén coñecido como “A Cidade”. Situado entre os concellos de San Amaro e Punxín (Ourense), San Cibrao de Las é un dos castros máis grandes e mellor conservados de Galicia, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en novembro do ano 2025 pola súa singularidade. 
Un moderno Centro de interpretación completa o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, un espazo deseñado para facilitar o acceso da sociedade ao patrimonio arqueolóxico. A súa innovadora exposición estable permite coñecer como era a vida dos nosos antepasados na Idade do Ferro, e a súa evolución ao longo deste período.

Localización

Ourense
Punxín | San Amaro

Contacto

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa
Castro de San Cibrao de Las
San Cibrao s/n, 32455 San Amaro, Ourense
Tel: 988 788 856
Email: info.pacc [at] xunta.gal (info[dot]pacc[at]xunta[dot]gal)
          reservas.pacc [at] xunta.gal (reservas[dot]pacc[at]xunta[dot]gal)

Prezos

ENTRADA E ACTIVIDADES GRATUÍTAS

Tipos de servizos

🅿️ Aparcamento

Horario

Horario de verán: xuño, xullo, agosto e setembro.
De martes a domingo de 10:00 a 14:30 e 17:00 a 20:30 horas

Horario de inverno: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio*, outubro, novembro e decembro.
De martes a domingo de 10:00 a 15:00 horas.
* 15:00 a 19:00 horas Grupos Organizados - Colexios e Asociacións -, previa reserva.